MATRÍCULA

(atención: amplíase o prazo de matrícula ata o día 18 de xuño)

PRAZO: Do 7 ao 18 de xuño (hora límite: 13,30). Por orde de inscrición.

PREZOS:

Comunidade Universitaria:  40 euros cada curso / 120 matrícula completa.

Matrícula xeral: 60 euros cada curso / 200 matrícula completa.

Matrícula gratuíta: no momento de facer a inscrición a persoa interesada deberá solicitar a gratuidade da súa matrícula, procedemento que se resolverá entre a data de inscrición e o día 16 de xuño, para o cal o solicitante deberá aportar a documentación que se lle requira. Só poden acceder á matrícula gratuíta os membros da comunidade universitaria.

PRAZAS: 8 prazas en cada un dos cursos.

INSCRICIÓN: para realizar a inscrición a persoa interesada deberá dirixirse ao enderezo electrónico: area.cultura@usc.gal, indicando nome e apelidos, dni e teléfono de contacto e que curso ou cursos son do seu interese. A matrícula non será efectiva ata o momento do seu pagamento.

INFORMACIÓN:  881811018 / 881811103

(Todas as actividades do festival, formación, encontros e funcións, son compatibles nos seus horarios)