ESPAZOS DE EXHIBICIÓN
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e Terraza do Auditorio da Universidade: Avenida de Vigo, s/n.Campus Vida.
Teatro Principal: Rúa Nova, 21
Salón Teatro: Rúa Nova, 34
Igrexa da Universidade: Praza de Mazarelos, 2
HORARIO DESPACHO DE ENTRADAS
En todos os espazos, desde as 19,00h (atención: aforos reducidos)
As entradas só poden retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo.
PREZOS
O acceso é de balde aos concertos, encontros e proxeccións (previo paso polo despacho de entradas -máximo 2 por persoa-).
O acceso ás funcións programadas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Teatro Principal, Salón Teatro e Igrexa da Universidade teñen un prezo de 3 euros (máximo 2 entradas por persoa). Non existe a posibilidade de mercar un abono para todo o festival dado o aforo reducido.
A recadación será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago e Compostela, inscrita no RPA A Coruña co número 2015 / 019256 Sección 1 e nº de CIF G-70450820
CONDICIÓNS DE ACCESO Á SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO
As persoas que asistan ás funcións programadas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño están obrigadas a facer uso do xel hidroalcohólico situado no acceso da sala antes de entrar na mesma. Igualmente, deberán retirar a súa máscara facial persoal e colocar outra que lles será entregada gratuitamente pola organización do festival.
Nota: o aforo desta sala é dun máximo de 18 espectadores por pase.
IMPORTANTE: Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.