xoves 8 de xullo / 21,00h

CLÁSICAS DESFEITAS Vol. 3

de Gena Baamonde, Rut Balbís, Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Julia Laport, Manu Lago, Verónica Moar, Jas Processor, Andrea Quintana, Paula Quintas a partir de Orlando (1928) de Virginia Woolf, A Consagración da Primavera (1913) de Igor Stravinski e El mito de Sísifo (1942) de Albert Camus.

IGREXA DA UNIVERSIDADE / FACULTADE DE XEOGRAFÍA e HISTORIA (retirada de entradas na Igrexa da Universidade)

Duración: 50m

FICHA ARTÍSTICA

Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde, Rut Balbís e Manu Lago

Creación: Gena Baamonde, Rut Balbís, Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Julia Laport, Manu Lago, Verónica Moar, Jas Processor, Andrea Quintana, Paula Quintas

Intérpretes: Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Julia Laport, Manu Lago, Verónica Moar, Jas Processor, Andrea Quintana, Paula Quintas

Espazo sonoro en directo: Jas Processor 

Iluminación: Afonso Castro​

Técnico: Fili​

Produción executiva: Manu Lago​​

Fotografía: Manuel Vicente​

Coproducen: Fundación Cidade da Cultura coa colaboración do Centro Dramático Galego

SOBRE A PEZA

Clásicas Desfeitas Vol. 3 é un proxecto xerado a través das residencias REGA e coprodución da Fundación Cidade da Cultura coa colaboración do Centro Dramático Galego.

Clásicas Desfeitas Vol. 3 é unha mirada compartida arredor do tempo e a identidade.  Xira entorno a tres eixes de inspiración principais, o Orlando de Virginia Woolf, o Mito de Sísifo de Albert Camus e A Consagración de la Primavera de Igor Stravinski. 

Trátase dun encontro irrespectuoso, dun xogo irreverente que cuestiona o propio canon e o propio feito artístico, partindo dun discurso centrado no corpo. A danza como linguaxe principal que vertebra un diálogo aberto cos ciclos vitais, a fluidez da identidade e os procesos de resistencia. 

SOBRE A COMPAÑÍA

Clásicas Desfeitas Vol. 3 é un proxecto xerado a través de Manu Lago grazas ás residencias REGA coa coprodución da Cidade da Cultura en colaboración co Centro Dramático Galego no cal se reúne un equipo multidisciplinar de 11 persoas da danza, circo, teatro, performance, cerámica, dramaturxia, música e son e iluminación.

Clásicas Desfeitas Vol. 3 é un proxecto site specific con vocación de continuidade mais non xurde dunha compañía con intención de producir de xeito estable.

Manu Lago é xestor de compañías e festivais de danza contemporánea de Galicia a través de http://www.galiciadanzacontemporanea.gal.

Agradecemos a inestimable colaboración da Facultade de Xeografía e Historia