xoves 24 de xuño / 21,00h

CLAUSURA DO AMOR, de Pascal Rambert

CÁMARA NEGRA TEATRO

SALÓN TEATRO

Duración:120m

FICHA ARTÍSTICA

Con Teté García e Xosé M. Esperante

Versión e dirección Carlos Álvarez-Ossorio

SOBRE A PEZA

Unha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para encarnar un texto visceral sobre a fin do amor. O espectador asiste, como cómplice silencioso, ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un combate devastador a través de dous monólogos intensos e inmensos. Os actores (parella na vida real) chámanse polos seus nomes. Non sabemos onde terminan as personaxes e comezan os actores. Onde termina a parella da ficción e onde comeza a parella real. Palabra a palabra, se atravesan querendo pechar para sempre unha relación que lles construíu e lles destruíu. A palabra convértese nun arma que fere, ataca, apuntando onde sabe que pode facer máis dano. É a guerra corpo a corpo. Unha ruptura como nunca antes tiveramos visto. Non hai tópicos. A linguaxe é nova. Seis cámaras de vídeo amosan en todo momento aqueles xestos que permanecerían agochados doutro xeito: primeiros planos, miradas, o punto de vista do que escoita… Todo queda á vista. Coprodución co CDG e Premio ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz no FETEGA 2020.

SOBRE A COMPAÑÍA

CÁMARA NEGRA leva dende 1996 montando textos de Shakespeare, Chejov, O’Neill, Müller, Ibsen, Dostoievski, Visniec ou Koltés, sempre desde un compromiso claro co teatro contemporáneo. A crítica destacou da compañía a súa “experimentación e austeridade” (Diario de Sevilla), que “leva as súas propostas ata o límite” (ABC de Sevilla), “que aposta pola investigación sen concesións” (BoleTiNT), que “remove entrañas” (Revista Época), e que os seus actores realizan “actuacións ao borde do límite” (El Correo de Andalucía). Definiuse tamén o seu traballo como “arte do bo” (Adelante, Cuba), como “un agasallo para a escena contemporánea” (Málaga Hoy), que “sacude os sentidos” (Mundoteatro), e onde “todo significa, pancomunica, porque o que deixa de estar comunica por non estar, e o que deixa de falar comunica por non falar” (LaTeatral). Falouse da súa “visceralidade” (El País) e da súa capacidade para realizar “unha cerimonia escénica de gran impacto visual no público” (La Razón).