xoves 2 de xullo

sala de teatro Roberto Vidal Bolaño / 20,30h

ferro,federici

(poema performático)

Duración: 40 minutos

Helena Salgueiro

FICHA ARTÍSTICA

Muller, texto: Helena Salgueiro

Voz Estado: Estevo Creus

Música: Atzi Muramatsu

Espectáculo accesible en lingua de signos

SOBRE A OBRA

O corpo da muller: a máquina de traballo do Capitalismo. O creador da forza de traballo por excelencia. O labor reprodutivo e de coidados non remunerado das mulleres é expropiado polo Estado dende hai centurias. Pero o corpo que tenta descolonizarse tense sinalado sempre coma corpo de bruxa.

Baseado nas ideas da feminista e marxista Silvia Federici, este é un poema escénico no que a arte de acción, a poesía e a danza flutúan de xeito visceral, vermello, político, estraño. Un canto contemporáneo ás bruxas, á reapropiación do sangue, do lume.