xoves 1 de xullo / 21,00h

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS, A PROXECCIÓN DE «RESACA», DE ILMAQUINARIO, PREVISTA PARA AS 23,00H DO SÁBADO 3 DE XULLO PASA A PROGRAMARSE ESTE DÍA, Á MESMA HORA, NO XARDÍN DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE

O ALEMÁN, de Diego Anido

SALÓN TEATRO

Duración: 60m

FICHA ARTÍSTICA

Interpretación, dramaturxia e dirección DIEGO ANIDO

Deseño de iluminación ÁLEX AVIÑOA DIEGO ANIDO

Espectáculo creado en coprodución con AREA TANGENT

SOBRE A PEZA

«Estaba pletórico, belo e submiso coma unha gheisha.
Inerte, sen medo, no graderío superior do frigorífico, en agradable compaña doutros seres:
salami, queixo brie, dous filetes de beluga e unha botella de mosto tinto…
Oh, que bela é a vida a catro graos.
Todo vai máis a modo, cada segundo toma o seu tempo…
O iogurt levaba a data da súa morte tatuada no pelexo….
Que cruel.
It’s so cruel.»

O Alemán é un proxecto de longo percorrido dentro da carreira do creador compostelán Diego Anido. Estreada nunha primeira versión no 2004, preséntase re-editada 17 anos despois, tras xirar por escenarios e festivais de todo o Estado. A partires da idea do perdón, Anido desenvolve a súa particular linguaxe escénica na que mestura multitude de rexistros actorais e coreográficos cunha técnica depurada e cun sentido do humor intelixente e poético.

SOBRE A COMPAÑÍA

Diego Anido. Tras anos de adicción á televisión e un correcto fracaso escolar, en 2002 inicia a súa formación en artes escénicas en Espazo Aberto, en Santiago de Compostela.

En 2004 trasládase a Barcelona onde continúa a súa formación con Sandro Dielli, Good Idea Co., Eric de Bont, Wendl Wells, Johnie Melville, Jordi Cortés, Andrés Corchero, Rosa Muñoz, Ariel Procajlo, Hisako Orikawa, Oguri. Marta González (Serge Wilfart) Esther Formosa.

Forma parte da plataforma de creación AREAtangent, onde traballa con Jordi Oriol, Alex Serrano, Silvia Delagneau, Pablo Rosal e Víctor Molina entre outros, e cos que realiza os espectáculos “Muda”, “Todas las historias tienen un árbol” e “Prometeu no res”.

Desde 2006 entra a traballar coa compañía Agrupación Señor Serrano, coa qu e participa como creador e intérprete nos espectáculos: “Mil tristres tigres” (2006), “Europa” (2007), “Contra.Natura” (2008), “Artefacto” (2009), “Memo” (2010), “Katastrophe” (2011), “BBBB” (2012) e “Kingdom” (2018), cos que xira polos escenarios de todo o mundo e recibe numerosos premios, entre o que cabe destacar o León de Plata da Bienal de Venecia 2015.

Traballa tamén coa compañía Raravis/Andrés Corchero/Rosa Muñoz nas producións “San Vito” e “Present vulnerable”

De regreso a Galicia colabora coa compañía Voadora como creador e intérprete nas súas producións “A tempestade” (2014), “Calypso” (2015) e “Soño dunha noite de verán” (2017). 

Colabora ademais con outras compañías como Lola Arias e Pistacatro entre outras.