venres 2 de xullo / 21,00h

TEOREMA, de Javier Martín

TEATRO PRINCIPAL

Duración: 70m

FICHA ARTÍSTICA

concepto, coreografía e dirección | Javier Martín

interpretación | Javier Martín

iluminación | Octavio Mas

música orixinal  | Artur M. Puga

asistencia teórica e dramatúrxica | Roberto Fratini

produción e acompañamento | Sabela Mendoza

vestiario e escenografía | Cremallera Studio, Javier Martín

vídeo e fotografía | Leo López

residencias artísticas | Pazo da Cultura de Narón (Residencias Paraíso – Colectivo RPM), Planta Alta (Hablar en Arte)

apoios á produción | Consejería de Cultura de la Comunidad de MadridAGADIC Axencia Galega das Industrias Culturais

colaboran | Sinsalaudio & AtlanTTic Centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación – Universidade de Vigo; agradecemientos | mc2 Museos Científicos Coruñeses

SOBRE A PEZA

‘Teorema’ é un proxecto escénico e de investigación de Javier Martín que indaga nos sons e movementos do interior do corpo, para rescatar memorias e propoñer novas sensibilidades. En ‘Teorema’, as resonancias do interior do corpo compoñen a paisaxe sonora para a danza, despréganse nun espazo partitura no que os obxectos –fume, carbón, corda, xeo, cristal– se dispoñen misteriosamente para alcanzar a súa propia floración. O corpo danzante anima o espazo para a danza. A sinfonía do corpo é a sinfonía do espazo e viceversa. Unha reflexión sobre as relacións entre interioridade e exterioridade, entre materia e memoria, que anima a cuestionar e a romper coas inercias a través das cales nos percibimos e nos relacionamos coa contorna. Nada é como parece, e aínda así traballamos co que está disposto. “Unha demostración de que a ciencia fai promesas que só a carne cumpre e de forma moi misteriosa”. Coreografía, carne e gramática.

SOBRE A COMPAÑÍA

Desenvolve un proxecto de investigación de corte epistemolóxico e crítico ao redor das artes do movemento. Situado na creación coreográfica e performativa, atopa as súas fugas en distintos desbordamentos discursivos e as súas aplicacións (escrita, conferencias performativas, laboratorios, grupos de investigación, etc.). Desde os seus inicios en 2005, creou e presentou máis de 30 pezas en España, Francia, Rusia, Portugal, Ucraína, México, Guatemala e Uruguai. O seu traballo en torno ao movemento e o corpo está baseado nos rigores da improvisación como principal método de creación e linguaxe escénica. Aborda a creación en danza desde unha perspectiva transdisciplinar, colaborando con distintos artistas e abrindo a miúdo os seus procesos a outras comunidades, procurando un corpo ampliado ou ácrata. Recibiu o apoio de diversas institucións como o Centro Dramático Galego, European Cultural Foundation, Instituto Cervantes, INAEM, AC/E, AGADIC, AECID, entre outras; e recibido residencias en lugares como L’animal a l’esquena en Xirona, EIRA en Lisboa, MUN en Pamplona, Kannon Dance House en San Petersburgo, ou Centro Danza Canle en Madrid. Imparte obradoiros, seminarios e conferencias na contorna académica e cultural. O seu traballo foi recollido no catálogo Javier Martín. Caderno de creación (MUN, 2017).