venres 17 de xullo

salón teatro / 20,30h

ESPIDA

Compañía IO

Duración:60 minutos

FICHA ARTÍSTICA 

Dirección AveLina Pérez

Coreografía Nuria Sotelo

Intérpretes Beatriz Rubio, Álvaro Reboredo, Alfredo Pérez

Deseño de luces Laura Iturralde

Espazo sonoro Javier Lemus

Escenografía Cía iO

Vestiario Sigrid Blanco e Cía iO

Fotografía  e vídeo GF Studio

Dossier e cartaz Salvador Gil

SOBRE A PEZA

Que constitúe o normal? É Posible atopar unha definición para este termo?

Desde onde miramos? Como miramos? Cales son os focos que atrapan a nosa atención?

Podemos procurar outra ollada?

Tentámolo?

Estas e moitas outras cuestións sentan a base que dá lugar á creación de ESPIDA.

A peza propón un diálogo entre o Novo Circo, o Teatro e a danza.

Arredor da idea de xénero desde os conceptos de normalidade e non-normalidade, ofrece unha viaxe a través do non binario, das posibilidades que os corpos ofrecen, do desexo, da soidade, da vulnerabilidade e da fortaleza.

O corpo acrobático, o corpo que baila, a mirada focalizada e a palabra están presentes para crear unha atmosfera onírica á vez que recoñecible, na que todxs podemos vernos reflectidxs e situar o noso cotiá, así como moitas das dúbidas e preguntas que a sociedade actual nos formula.