sábado 3 de xullo / 21,00h

STRPTS


Cinema Sticado

SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Duración: 60 m

FICHA ARTÍSTICA



CREACIÓN: Xosel Díez e Helena Varela
DEBUXOS: Xabi Varela
PROGRAMACIÓN PURE DATA: João Pinheiro
ILUMINACIÓN LED: Man Núñez
DECORADOS: Nola Rivera
AGRADECIMENTOS ESPECIAIS: Katja Vetter (polo seu
patch de audio slice/jockey)
TIPO DE ESPECTÁCULO: Cine ao vivo

SOBRE A PEZA

Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras.
Intriga, corrupción, asasinatos… e unha fuxida inesperada.
Quererás ver máis.
· cine ao vivo · performance · monicreques · obxectos · sombras ·
· proxección de video · imaxe, son e música en directo ·

Sinopse: Un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por
culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos
sociais e ateigado de corrupción política.

SOBRE A COMPAÑÍA

Cinema Sticado é un colectivo multidisciplinar de artistas que fai espectáculos de teatro visual e cine ao vivo.
Temos aspiración por crear imaxes cargadas de beleza, poesía e simbolismo e unha incuestionable vocación polo
artesanal, mais tamén andamos á procura de novas narrativas, novas linguaxes, novas expresións que poidan
liberar a percepción de formas preconcibidas e que contribúan así dalgún xeito na formación dunha visión crítica
da realidade.
Nesta procura de estimular a imaxinación da audiencia e inspirarlles a reflexión, o que plantexamos é un
paradóxico doble espectáculo: por unha banda, dotamos dunha función presencial e evidente aos elementos da
representación en vivo (actores, decorados, personaxes, sons, imaxen e tecnoloxía), e pola outra, pretendemos
manter o fío dunha ficción da que o público -aínda consciente de cómo se está xestando- non poida sustraerse.


Combinamos artes visuais, teatrais e performativas coa creación de audio e video en tempo real (ollo, non
empregamos material pregravado!). Usamos cámaras e micrófonos e facemos toda a edición nós mesmos
controlando cos nosos móbiles dous programas informáticos feitos con software libre (maioritariamente pure data,
o programa de vídeo o fixemos nós). E, ao fin, facemos películas en directo sen esconder como o facemos e
buscando proporcionar ao espectador unha experiencia única e asombrosa.
Presentamos o noso primeiro traballo “STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula” en 2015 despois de máis de dous
anos de experimentación e desenvolvemento nun taller clandestino situado nun lugar indeterminado da paradisíaca
península do Morrazo, en Galicia, España. Co primeiro espectáculo xiramos por distintas prazas e Festivais de
Galicia, España, Portugal, Suiza, Bulgaria e Polonia, e seguimos xirando.


O núcleo do colectivo está composto por:


•Xosel Díez, enxeñeiro, artista e profesor, creador e cerebro do plan, manipulado durante os espectáculos,
realizador en vivo das películas e constructor da escenografía, das luces e do sofware de video baixo os
pseudónimos de Man Núñez, Nola Rivera e Joao Pinheiro.
•Helena Varela, actora, actriz e o que faga falta, creadora e mestra das voces, entre elas a da consciencia
(e da conciencia), manipulada durante as representacións, facedora da ambientación sonora e
distribuidora.
•Xabier Varela, virtuoso e sublime pintor, debuxou e deu cor aos magnéticos personaxes da serie STRPTS escapándoselle nalgún caso algunha similitude cos nosos caretos.


PREMIO: 2017: “Innovative approach to puppetry animation” no Festival Animart- III International
Animation Art Festival (Łodz – POLONIA).