sábado 26 de xuño / 21,00h – 21,30h – 22,00h

ENCOUNTERS, de Belén L.Yáñez

SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Duración: 20 min

FICHA ARTÍSTICA

Concepto e dirección: Belén L.Yáñez

Compositores e Multi-instrumentistas: Mike de Lis, Piti Varela 

Textos: Héctor Domínguez-Viguera

Produción: Helena Teira.  Financiado polo Art Council England e producido en asociación con Plutonyka

SOBRE A PEZA

Encounters é unha vídeo instalación interactiva na que se convida aos espectadores a establecer un diálogo entre eles utilizando as súas mans.

Aos participantes asígnaselles un espazo persoal e anímaselles a explorar a noción de separación usando as súas mans para comunicarse a través do sentido do tacto e o movemento. Esta interacción en vivo proxéctase no espazo e acompáñase de música composta en directo seguindo os movementos das mans.

Encounters mantén aos participantes no centro da acción fomentando novas formas de interactuar activamente con outras persoas e promovendo a interaccion social.

O Encontro máis auténtico acontece cando menos o esperas, vive o momento e goza!

SOBRE A COMPAÑÍA

O  traballo de  Belén  L. Yáñez explora  as  interaccións humanas a través de prácticas participativas que combinan performance, arte visual e instalación. Como solista, colaboradora e co-fundadora do colectivo interdisciplinario  Plutonyka, produce experiencias en vivo que desafían a arte e as relacións coa audiencia, creando espazos que traspasan os límites da interacción persoal. 

Mike de Lis é un produtor / compositor multi-instrumentista que non está limitado polos xéneros. Nalgún lugar entre o pop, o rock, a música orquestral e a electrónica, de Lis séntese moi cómodo producindo grandes ritmos e melodías pegadizas e inspiradoras, que dirixe cun sentido único de identidade creativa. De Lis é o líder da banda Mono XL e cofundador, xunto con Piti Varela, de Flying Wigs.

A música do produtor / compositor multi-instrumentista, Piti Varela, é o resultado dunha investigación sonora constante e está construída sobre ritmos e melodías que poden transportarte literalmente a outro universo no que se respira desde intimidade e nostalxia, ata enerxía pura e psicodelia.