sábado 10 de xullo / 21,00h

CONCERTO PARA FERREÑAS E DO DE PEITO (Da Capo al Fine), de Ana Gesto

SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO / XARDÍN DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE

Duración: 30m

SOBRE A PEZA

Ana Gesto é performer e artista visual e desenvolve o seu traballo ao redor das prácticas culturais e sociais de forte carácter identitario, onde o proceso é esencial e resólvese a través da presenza, o espazo, a materialidade dos obxectos e o seu son. Tende a usar a escultura como linguaxe e a experimentación acústica. Traballa con obxectos transmutados de gran valor simbólico e cos sons que o proceso produce. Incorpora a natureza non neutral do espazo nas súas accións, a cotío interactuando coa público. A performance que vai a realizar en USCénica 2021 inclúe no seu título Da capo al fine. Quere dicir isto, que é a última acción do proceso Concertos para ferreñas e Do de peito. Concluíndo un ciclo.

SOBRE A CREADORA

Ana Gesto (Santiago, 1978) 

Estudou Belas Artes (2003-2008) na Universidade de Vigo e en San Carles de Valencia coa bolsa Sicue/Séneca. Becada pola SUG para estudos de Terceiro ciclo, Nova adxudicación e prórroga, 2009-2010. Formou parte do grupo de investigación “Resistencia e Materialización” da Universidade de Vigo dende 2008 a 2011. Impartiu obradoiros de arte de acción e artes visuais en varias galerías, museos e escolas.

Fixo performances en eventos de Arte de Acción e participou en exposicións individuais e colectivas a nivel nacional e internacional. Como en Art d’Acción (Valencia, 2009), Resistencia e materialización UPV/EHU (Bilbao, 2010), Epipiderme (Lisboa, 2011) Line Up Acción (Coimbra, Portugal 2011), Acción! MAD11 (Madrid 2011), Fem Corpología (Girona 2012) Galería Działań (Varsovia 2012) XIV INTERAKCJE 2012 (Polonia), Hydra. Küntlerforum Boon, (Alemania 2013), Corporeidades Feministas en España (Costa Rica 2014), Arqueologías de lo íntimo (León 2014, Spain), Mujeres: territorios artísticos de resistencia. La Nau, (Valencia 2014), La Muga Caula (Cataluña, 2015), Alén dos xéneros MARCO (Vigo and Santiago 2017), Eschangue. Exchange LiveArt (Salamanca 2018), Mulleres en acción: Violencia Zero. Acción colectiva con Ana Matey, Isabel León Guzmán, María Marticorena, tamén no Pao Festival 2019. ROM Kunst+Arkitektur (Oslo-Noruega 2019), Camiños Incertos, Fundación Camilo José Cela (Padrón, 2020), entre outras.