mércores 30 de xuño / 21,00h / 21,45

INSOMNIO DE CALAMAR, de David Creus Andrade

SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Duración: 25m cada pase

FICHA ARTÍSTICA

David Creus Andrade. Profesor, artista, poeta, deseñador.

TÍtulo da peza: Insomnio de Calamar”

Ano de Creación 2014. Acción performativa feita exprofeso para o ciclo de poesía “Poetas Dinversos” (A Coruña). Recitado poemario “Insomnio de calamar” con videoproxección.

SOBRE A PEZA

Coma nun soño. Ver a cortina de choiva caer a través da fiestra. Silencio. Fragmentos de paisaxes, casas, elementos na escuridade en escala de grises. Fragmentos. Silencio. Estradas que conectan as paisaxes, as casas os elementos na escuridade en escala de grises co meu cerebro. Silencio. Estradas envolventes coma nun soño. Silencio. A difícil tarefa de entendernos socialmente. As figuracións. Silencio. Que se pregunta, que se pregunta, que se pregunta? Que se pregunta? BUFFFF…FICCIÓN? BUFFF…Ou querer dicilo e posuílo TODO, querer dicir ALGO importante, facer algo importante de forma sólida, porque haberá algo importante, non é? O AMOR. Silencio. Unha solución a un problema que é o existir cando UN SE MIRA, cando un se detén. Silencio. Un home que intenta escribir un poemario para un evento e que se desposúe, se separa e mira coma un estraño. Un grito (O GRITO). No Atlántico Norte estaremos a salvo!!!