mércores 1 de xullo

sala de teatro Roberto Vidal Bolaño / 20,30h

OS CANS NON COMPRENDEN A KANDINSKY

AveLina Pérez

Duración: 60 minutos

FICHA ARTÍSTICA

AveLina Pérez, A actriz

Daniel Casquero, O espectador

Iluminación  Beatriz de Vega

Espazo sonoro  Daniel Casquero (Espazo construído desde as Esculturas Sonoras de Alberte Pagán)

Fotografía  Martín Pol

Vídeo promocional Jesús Andrés Tejada

SOBRE A OBRA

OS CANS NON COMPRENDEN A KANDINSKY é un berro sucio

unha viaxe pola non/poesía

pola non/teatralidade

pola non/beleza

E a acción desganada e ridícula

A inacción desganada e ridícula como alternativa

A busca dos lugares elevados desde a merda

É fealdade

Escuridade

Críticas

A personaxe-artista-Lina desdise constantemente. Solta mentiras e verdades nun continuo ir e vir zig-zagueante polos vieiros máis lúdicos do concepto de ficción. O que se conta pode ser verdade ou mentira. Normalmente tanto ten, pois o que importa é o narrado ou o dramatizado, mais aquí o cerne é precisamente ese desenmascaramento do artificio, moito máis divertido que o de calquera residuo epigonal de Brecht.

A contradición subxace tamén na tensión existente entre o riso e a seriedade verídica e social dos elementos que se deforman para acadar a gargallada: unha empanada, un mendigo, un can, unha artista… Elementos axitados e revoltos nun cocktail de cheiro hipster e regusto punkarreiro. O texto é repetitivo e obsesivo coma os de Tomas Bernhard, mais a súa visceralidade recicla polo lado cómico toda a posible parafernalia intelectualista. O respectable dá en rir ante ese espello deforme que o confronta contra as vergonzas das que non fala no seu habitual contexto acomodado

 Roi Vidal Ponte (Erregueté)

Si alguna vez el teatro estuvo en una torre de marfil, Avelina lo baja a ras del suelo, donde puedan olfatearlo incluso los perros. Olfatearlo y, por qué no, lamerlo, babearlo y hasta mearlo.

Si alguna vez el teatro fue un altavoz para dirigir conciencias o cometer el pecado de creerse capaz de encender una revolución, Avelina Pérez lo aleja de esas veleidades soberbias y lo coloca suavemente sobre las tablas del escenario. Ahí nos lo ofrece para que juguemos con él, como quien nos ofrece una copa de vino y nos escucha y nos mira. Nos escucha y nos mira aunque haya mucho texto. Su texto también nos escucha y nos mira

Afonso Becerra (Artezblai)