martes 29 de xuño / 22,00h

THE SWINGING FLAMINGOS

TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE

A vibrante enerxía da era do swing mestúrase coa elegancia en The Swinging Flamingos, que buscan trasladar a un pequeno formato a esencia das grandes Big Bands americanas. De esto encárganse Antonio Otero ao saxo tenor e voz, e Alex Salgueiro ao órgano Hammond e Chus Pazos na Batería, tres músicos do máis solicitado do panorama galego.

Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe que The Swinging Flamingos nos ofrece. O seu repertorio está baseado na obra dos máis importantes compositores populares estadounidenses, Cole Porter, George Gershwin, entre outros.

Na súa posta en escena disfrutarás de jazz con tintes swing, elegante, perfectamente enmarcado na tradición e provisto da mellor arquitectura de grupo que se pode atopar hoxe en día. Todo este potencial canalízase nunha grande explosión enerxética musical, chea de fluidez e liberdade.