martes 22 de xuño / 20,00h

ENCONTRO

RODRIGO GARCÍA

SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO

RODRIGO GARCÍA

Nado en Arxentina en 1964 pero afincado en España desde moi novo é tamén artista de vídeo, intérprete e director de escena. Creador atípico que conxuga nos seus espectáculos elementos clásicos cos da cultura popular contemporánea, elabora xunto a súa compañía La Carnicería Teatro unha linguaxe teatral sorprendente. Cos seus espectáculos corrosivos e de marcado acento propio, Rodrigo García participou nos principais festivais europeos, converténdose nun dos creadores referenciais da actual escena internacional.

Entre moitas das súas pezas podemos destacar Muerte y reencarnación de un cowboy (2017), Gólgota Picnic (2011 -á que corresponde a imaxe de fondo-),Versus (2008), En algún momento de la vida deberías plantearte seriamente dejar de hacer el ridículo (2007), Arrojad mis cenizas sobre Mickey (2006), Aproximación a la idea de la desconfianza (2006), Prefiero que me quite el sueño Goya a que lo haga cualquier hijo de puta (2004), Aftersun (2001),  Haberos quedado en casa, capullos (2000) e Conocer gente, comer mierda (1999) .