(Corpo / Performance) OBSERVATORIO DO CORPO A TRAVÉS DA POESÍA E A PERFORMANCE

OBSERVATORIO DO CORPO A TRAVÉS DA POESÍA E A PERFORMANCE

30 de xuño, 1, 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de xullo / 16,30 – 19,30

Imparte: Helena Salgueiro

(Sala Luísa Cuesta –baixos da residencia universitaria do Burgo das Nacións)

Descrición e metodoloxía

Este obradoiro de performance e creación contemporánea xira en torno á relación entre a palabra e o corpo en acción. Despois dunha pequena introdución teórica á arte contemporánea, ao posdrama e performance e maila experimentación formal da poesía contemporánea, as participantes serán guiadas cara a atención do seu corpo con ferramentas de teatro físico, de danza e de técnicas antropolóxicas orientais. Logo dun escrutinio somático e disciplina física e da lectura de espazos e obxectos nun nivel estético e compositivo, daráselles chaves para investigarse a si mesmas como parte dun corpo social, político e ecolóxico valéndose da palabra poética. E a través da súa propia experiencia persoal e única, a intención última é que as participantes atopen a súa voz creativa e atopen ferramentas para a elaboración de accións performativas.

Programa

I.

– Debate da metáfora e o ritual

– Corpo-signo, Instrumento, Obxecto

– O silencio e o verbo

– A paisaxe somática

– A arquitectura e lectura dos 3 obxectos

– Lecturas

– Adestramento físico

– Escritura espacial, intervención

– Body landscape, body weather, happening, instalación

– Acción/actuación e Acción/activismo

II.

– Na busca do estrañamento e do límite

– Lecturas

– Adestramento físico

– Xenio creador, social e político

– Arqueoloxía persoal e apoio individual

– Coreografía do verso das 3 palabras

– Orografía da voz

– Escrituras

– O procesual e a enerxía: rexeitamento da obra finita

– Ensaio e exposición performativa

Helena Salgueiro é unha creadora escénica, performer, poeta e dramaturga.

O seu traballo tense amosado en teatros, museos, festivais e espazos non convencionais, nacionais e internacionais.

Fórmase en teatro físico en Dinamarca, Polonia e Francia, dramaturxia e danza en Edimburgo e teoría e crítica literaria na Universidade de Santiago de Compostela.

Helena traballa arredor da hibridación de xéneros, especialmente da literatura coas artes performativas e do movemento.

https://www.helenasalgueiro.com/

(Fotografía: Benxamín Otero)