” Galicia precisa da cultura, da exhibición e manifestación da propia e tamén da exposición ás alleas. A través das múltiples formas que adopta a cultura recordamos de onde vimos, contamos historias sobre quen somos, pero tamén nos proxectamos cara o futuro imaxinando como seremos. A cultura defínenos como individuos e sociedade ao tempo que nos permite entender a diversidade do mundo a través dos ollos dos demais. 

Na USC temos a fortuna e, ao tempo, a responsabilidade de ter sido testemuñas e protagonistas de máis de cinco séculos de manifestacións culturais en Galicia e no mundo. Somos gardiáns do patrimonio cultural pero tamén axentes dinamizadores e responsables de manter a cultura viva en todas e cada unha das súas expresións.

En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura. Por iso a USC, nesta chamada nova normalidade, reforza a súa aposta por aquilo que nos une e nos inspira, por todas e cada unha das súas formas. É a cultura USC.”

Antonio López Díaz

Reitor da USC

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s